viernes, 28 de noviembre de 2008

Un complemento ao Bolmix

O Bolmix é unha ferramenta de comunicación e información da OMIX de Betanzos. Con el recibides a principios de cada mes a información de tódalas actividades que acontecerán en Betanzos e na comarca e que poden resultar interesantes para vós.
É práctico e sinxelo. Con tan só facilitarnos un email, recibides en formato pdf unha revista a todo cor, o Bolmix "o refuxio da información xuvenil en Betanzos". Si o queres recibir tan só tes que mandar un email a omixbetanzos@gmail.com
Pero o Bolmix vai máis alá. Este blog será o seu complemento. Nel sairán as novas que non chegaron a tempo á redacción da revista, nel publicaranse outras novas que non terían cabida no Bolmix en pdf e servirá ao tempo para animarvos ao debate e a que nos mandedes as vosas novas.

No hay comentarios: